Rescatan unha muller que caeu ao mar dunha embarcación preto das illas Cíes
Publicado o 14/10/2020 21:44

Unha muller que ía de tripulante nunha embarcación foi rescatada tras caer ao mar. Sucedeu esta tarde preto das illas Cíes e os pesqueiros do cerco que estaban na zona buscárona e acabaron rescatándoa.
A Salvamar Mirach acudiu ata a zona e foi quen a levou ata o porto de Vigo. Alí foi atendida por unha ambulancia do 061 porque tiña síntomas de hipotermia.
Máis sobre Vigo
05/03/2021 21:18