CRTVG

Buscar

Rescatan unha muller ferida nunha caída durante un paseo en Cabana de Bergantiños

Publicado o 03/04/2021 20:32

O Pesca I rescata unha muller que resultara ferida nunha zona de acceso difícil en Cabana de Bergantiños. Sufriu unha fractura de nocello mentres camiñaba por un paseo fluvial na parroquia de Corcoesto.

Foi o seu acompañante quen avisou os servizos de emerxencia, que, debido ás complicadas condicións do terreo, tiveron que trasladala en padiola ata un encoro próximo e despois vía aérea ata Alvedro. Desde alí foi levada xa en ambulancia ao hospital da Coruña.

Noticias web

03/04/2021