CRTVG

Buscar

Rescatan unha menor en estado inconsciente nunha zona recreativa do Eo na Pontenova

Publicado o 09/08/2020 18:58

Evacuada en helicóptero unha rapaza tras ser rescatada inconsciente da auga no río Eo na Pontenova. Aconteceu arredor das cinco e media desta tarde, cando varios particulares informaban o 112 dunha persoa que necesitaba axuda nese lugar.

Segundo a información facilitada, un grupo de menores atopábase xogando dentro da auga cando perderon de vista unha delas. Poucos despois, outro alertante comunicaba que a menor fora localizada e xa estaba fóra da auga, pero necesitaba asistencia sanitaria urxente. Garda civil, Protección Civil e un helicóptero medicalizado desprazáronse ata o lugar. A menor foi evacuada ao hospital de Lugo.