CRTVG

Buscar

Rescatan unha londra na Illa de Arousa

Publicado o 27/04/2020 14:30

Ademais dos controis de confinamento, a Garda Civil tamén ten que atender outras incidencias, como o caso dunha londra que tivo que ser rescatada na Illa de Arousa.

A operación levouna a cabo a patrulla do Seprona de Vilagarcía de Arousa, e iniciouse a raíz da alerta dun veciño. O animal estaba agochado nunha xardineira na entrada dunha antiga caseta de mariñeiros, no lugar do Cantiño. No rescate os axentes valéronse dunha rede para evitar causarlle danos. Finalmente, a londra foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo.

Noticias web

27/04/2020