CRTVG

Buscar

Rescatan unha familia que viaxaba nunha autocaravana que quedou atrapada na neve

Publicado o 01/01/2021 21:17
Rescatan unha familia que viaxaba nunha autocaravana que quedou atrapada na neve

Unha familia conformada por unha parella da coruñesa da Costa da Morte e os seus dous fillos menores de idade tivo que ser rescatada en Parada de Sil (Ourense), onde a autocaravana na que viaxaban quedou atrapada como consecuencia das intensas nevadas.

A Garda Civil de Ourense indicou nun comunicado no que Tráfico se ocupou conxuntamente con Protección Civil de todo o operativo. Estas persoas, sinala o comunicado remitido á prensa, trataban de subir aos eólicos do Alto do Rodicio desde Xunqueira de Ambía e nun momento dado viron que non podían facelo a causa das adversidades meteorolóxicas, pero tampouco se atrevían a retroceder.