Rescatan unha ciclista que sufríu un accidente nun encoro no Escorial
Publicado o 22/02/2021 08:08

Unha ciclista de 54 anos foi auxiliada polo Grupo Especial de Rescate en Altura dos Bombeiros de Madrid ao caer nunha zona empedrada cando intentaba atravesar por un paso dun encoro no Escorial.
A muller foi trasladada en helicóptero ao Hospital Puerta del Hierro. Sofre dúas fracturas: na tibia e no pulso.