CRTVG

Buscar

Rescatan un bebé dun desaugadoiro en Suráfrica

Publicado o 12/02/2019 13:38

Unha meniña de tres días foi rescatada dun desaugadoiro en Suráfrica. A nena pasou cinco horas atrapada a sete metros de profundidade. Un transeúnte escoitouna chorar e avisou os servizos de urxencia, que despois de ampliar o oco conseguiron rescatala.

Prestáronlle os primeiros auxilios no mesmo lugar do suceso, antes de trasladala a un hospital, onde se recuperou axiña dunha leve hipotermia. A nena atópase ben. A policía sospeita que foi a propia nai a que tirou polo vater. Nin ela nin o pai están localizados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019