CRTVG

Buscar

Rescatan unha balea chepuda no litoral de Ecuador

Publicado o 05/09/2020 10:59

A cooperación entre institucións e voluntarios permitiu rescatar un exemplar de balea chepuda varada desde o venres na illa de Puná, en Guaiaquil, no litoral ecuatoriano. Apréciase nas imaxes como ducias de persoas tratan de devolver ao mar o cetáceo, que aparece amarrado por varias cordas e con parte do corpo cuberto por un pano branco.

O traballo de rescate permitiu salvar o mamífero varado. Desde que se deu a alerta ata que a trintena de persoas que participaron no operativo lograron que a balea retornase ao Pacífico pasaron unhas sete horas. As mareas arrastraron ata a beiramar o mamífero. Os residentes da illa participaron no rescate hidratando a balea con cubos de auga do mar e cubríndoa con mantas.

Noticias web

05/09/2020