CRTVG

Buscar

Rescatan un pescador sobre a quilla da embarcación envorcada na ría de Ferrol

Publicado o 18/12/2019 09:40
Rescatan un pescador sobre a quilla da embarcación envorcada na ría de Ferrol

O pescador foi rescatado pouco antes das nove da maña na zona da praia de Caranza, na ría de Ferrol, segundo informou Salvamento Marítimo.

Foi un particular o que deu aviso ao escoitar os berros de auxilio. Foron os prácticos de Ferrol os que primeiro chegaron ao lugar en que estaba o único tripulante da embarcación. O home estaba sobre a quilla da barca, que estaba envorcada.

Despois de ser rescatado, o pescador foi trasladado en perfectas condicións ao Club Náutico de Ferrol.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí