Rescatan un percebeiro en Muxía que foi trasladado en helicóptero
Publicado o 02/05/2019 18:24
É o rescate dun percebeiro esta mañá en Muxía. Mentres estaba pescando quedoulle un pé atrapado entre as rochas nunha zona de difícil acceso, polo que foi preciso mobilizar o helicóptero de Salvamento Marítimo. Tamén acudiron efectivos de Protección Civil, Bombeiros e Policía Local. O mozo foi trasladado logo ao hospital Virxe da Xunqueira, onde será operado por unha rotura de nocello, tibia e peroné.