Rescatan un neno que quedara enganchado tras escorregar entre os barrotes dunha ventá
Publicado o 07/09/2020 09:38
Angustioso rescate na provincia de Shandong, no leste da China O deste neno que quedou así, colgado dun quinto piso, despois de escorregar entre os barrotes dunha ventá. Ata doce bombeiros participaron no rescate. Uns, apoiando o pequeno desde o interior da vivenda e cortando os barrotes para liberalo. Outros, desde fóra, coa escada móbil. Foron dez minutos dramáticos que remataron con éxito e deixaron o neno nun lugar seguro.
Máis sobre actualidade
19/01/2021 12:09