CRTVG

Buscar

Rescatan un mozo que botou varias horas atrapado nunha lameira en Cambre

Publicado o 23/05/2021 14:28

Por fortuna madrugan os domingos. E por fortuna adéstranse nesta zona do paseo fluvial do río Mero, xa moi preto do Burgo. A sorte xogou a favor dun rapaz de dezaseis anos. Miguel e Vahe atopárono ás sete e media da mañá, totalmente cuberto de barro e incapaz de saír da lameira na que caera.

Conseguiron sacalo coa axuda duns paus. Tiña síntomas de hipotermia e abrigárono como puideron. Estaba moi desorientado e non conseguiu explicar como caeu nin canto tempo estivo metido na lama, aínda que si mostrou preocupación por unha posible multa. Os seus rescatadores cren que botou alí varias horas e que mesmo chegou a quedar durmido. Alertaron a Policía e pediron unha ambulancia. O rapaz foi trasladado ao CHUAC.

Noticias web

23/05/2021