Rescatan un menor que caera na ría do Burgo, en Culleredo
Publicado o 31/08/2020 13:57
Os servizos de emerxencia tiveron que rescatar nas últimas horas un menor que caeu na ría do Burgo, no concello coruñés de Culleredo.
Precipitouse desde un muro do paseo marítimo e, segundo datos facilitados polo 112 Galicia, quedou atrapado no lodo da ría. Foi necesaria a intervención dos bombeiros de Arteixo para poder liberalo, xa que o barro que se forma cando baixa a marea complicou o rescate.
Aínda que aparentemente non sufriu danos maiores, o menor foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.