CRTVG

Buscar

Rescatan un home que caeu nun pozo negro en Antas de Ulla

Publicado o 29/07/2019 13:43

Non se sabe o motivo polo que Manolo, un veciño de Antas de Ulla de máis de oitenta anos, tiña levantada a tapa do pozo das augas fecais que hai na parte de atrás da súa casa; parece ser que lle caeron as lentes e que andaba buscando por elas cando, posiblemente, tropezou e caeu dentro. Eran sobre as once da mañá e o home, que vive só, berraba xa case sen forzas dende dentro do pozo, con poucas esperanzas porque o seu veciño Antonio fora á misa e non estaba na casa.

Na casa de abaixo atopamos o rescatador de Manolo. É de Bilbao, chámase Luís Miguel e é o xenro dunha veciña do lugar que veu aquí pasar as vacacións. Os berros que escoitaba Luis Miguel proviñan do doutro lado da estrada, a uns cen metros de distancia. Luis Miguel lévanos ata o pozo. Alí foi inde comprobou que Manolo estaba atrapado e deu a voz de alarma.

Cando chegou a ambulancia xa o levaron para o HULA. Con todo, Manolo tivo moita sorte de que o escoitase Luis Miguel, porque os pozos negros seguen a orixinar grandes traxedias no medio rural, onde moita xente e animais morren ao caer neles, por iso sempre deben estar tapados e selados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/07/2019