CRTVG

Buscar

Rescatan un veciño da Coruña que caeu de cabeza entre as bolsas dun colector de lixo

Publicado o 25/06/2019 20:33

Un veciño da Coruña tivo que ser rescatado dun colector de lixo tras caer de cabeza entre as bolsas dos restos orgánicos. Meteuse pola boca do colector soterrado na procura dunhas chaves que lle caeron ao ir botar o lixo.

O home foi depositar a bolsa do lixo orgánico no colector correpondente neste grupo de soterrados que hai na zona dos Mallos, na Coruña. Canda a bolsa fóiselle un chaveiro e, sen pensalo moito, intentou recuperalo metendo o brazo e logo a cabeza e con ela medio corpo pola boca do colector. Esta mide uns 30 centímetros de diámetro.

A forza da gravidade fixo que entrara todo o corpo polo furado. Pero para saír non lle quedou outra que pedir axuda ao 112. Desprazáronse ao lugar sanitarios, bombeiros e Policía Local.

Segundo relatan, o home extraído do colector grazas á lubricación recuperou as chaves que o levaron ao interior dun espazo pestilente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019