CRTVG

Buscar

Rescatan tres surfeiros que quedaron atrapados nunha zona de rochas en Valdoviño

Publicado o 29/10/2020 20:07
Rescatan tres surfeiros que quedaron atrapados nunha zona de rochas en Valdoviño

Tres surfeiros foron rescatados ese xoves nas inmediacións da praia de Valdoviño, en Ferrolterra, tras quedar illados e atrapados nunha zona de rocas.

Un helicóptero de Salvamento Marítimo encargouse dos labores de rescate e trasladou os afectados ata o aeroporto de Alvedro, onde os esperaba unha ambulancia para trasladar un deles, que quedara ferido.

Un particular alertou do ocorrido ao 112 sobre as 17:30 horas, indicando que tres persoas que estaban a practicar surf na praia de Valdoviño tiñan dificultades para saír da auga.

Enseguida, desde o 112 Galicia pasouse aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou un helicóptero para o rescate dos afectados.