Rescatan sen consecuencias importantes un home de 72 anos que caeu á auga no porto de Combarro (Poio)
Publicado o 02/12/2019 09:50

Un home de 72 anos de idade foi rescatado tras caer á auga no porto novo de Combarro, no concello pontevedrés de Poio esta pasada noite.
Unha persoa chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda porque escoitaba a unha persoa pedir socorro e indicou que os berros procedían do mar. As mesmas fontes relataron que unha persoa que paseaba pola zona, esvarou e caeu á auga. Un particular que se atopaba preto do lugar rescatou ao home, que se atopaba á boia e agarrado a unhas pedras, polo que, finalmente, non foi necesaria a intervención dos medios de rescate, concretou o 112. Unha vez rescatada a persoa, profesionais sanitarios encargáronse da evacuación da persoa.