CRTVG

Buscar

Rescatan seis persoas que navegaban en dúas lanchas en Muros

Publicado o 29/07/2021 20:16
Rescatan seis persoas que navegaban en dúas lanchas en Muros

Seis persoas que navegaban en dúas lanchas fronte á praia de San Francisco, en Muros, tiveron que ser rescatadas por Salvamento Marítimo, logo de que, por mor das correntes da zona, tiveran problemas para regresar a terra. 

Segundo informaba o 112, ás seis da tarde, unha das persoas que ía nas lanchas, navegaban fronte á praia de San Francisco, en Louro, pero afastáronse da liña de costa do areal e a corrente non lles permitía regresar á beira. Sinalaba que a embarcación, na que viaxaban seis persoas, estaba rodeada por varios golfiños.

Deuse aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou unha embarcación para acudir ao rescate, e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Deseguido, tamén foron informados os socorristas da praia de San Francisco, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de Muros.

Afortunadamente, todos os ocupantes da embarcación puideron ser rescatados por Salvamento en bo estado.

 

Noticias web

29/07/2021