Rescatan dous mariñeiros dun pesqueiro afundido fronte ás costas de Muros, a dúas millas de Punta Louro. O helicóptero de Salvamento trasladounos ata a Coruña con síntomas de hipotermia.
O Madre Antonia permanece afundido a uns oitenta metros de profundidade, moi preto de aquí, do porto de Muros, onde tiña a súa base e onde hai outras embarcacións similares á que afundiu. Era un barco, o afundido, de madeira, de nove metros de eslora, andaba á xarda moi preto de Monte Louro. Ata alí foron moitas das embarcacións con base en Muros cando recibiron ese aviso de alerta. Pero non chegaron a tempo.
Desde aquí, nunha embarcación coma esta tárdase, aproximadamente, unha hora ou hora e media en chegar ao lugar onde se producía o afundimento. Antes chegaban os servizos de emerxencia, Salvamento Marítimo, o helicóptero Helimer. O barco afundiu moi rápidamente. Os tripulates, o dono e un mariñeiro, dous homes de cincuenta anos aproximadamente, lograron agarrarse a unha boia e alí permaneceron durante bastante tempo ata que foron evacuados ata o aeroporto de Alvedro. Afortunadamente, o seu estado non reviste gravidade.