CRTVG

Buscar

Rescatan o modelo de testamento usado na gripe de 1918 para empregarse nesta pandemia

Publicado o 23/04/2020 14:44

Hai moita xente que aínda non fixo testamento e coa pandemia do coronavirus hai cidadáns preocupados. Ante a incerteza, son moitas as consultas que se fan aos despachos de avogados. Un de Vigo rescatou un vello modelo de testamento de epidemias que, nunha emerxencia sanitaria, non require de notario.

O testamento de epidemias non se emprega dende a gripe de 1918 e está pensando para tempos de confinamento. O testador escribe as súas vontades e asinan tres testemuñas que non sexan beneficiarios nin familia. É válido sen notario, dada a situación de urxencia en que se atopa o confinado.

No prazo de dous meses dende que remata a epidemia deberían de convalidalo notarialmente. As testemuñas deben de ter máis de 16 anos.

Noticias web

23/04/2020