Rescatan o corpo sen vida dun veciño de Arteixo preto da praia de Repibelo
Publicado o 28/03/2021 19:06

Imaxe de @NicolasMela14
Rescatan da auga o corpo sen vida dun veciño de Arteixo na contorna da praia de Repibelo, en Arteixo. Segundo informa o 112 Galicia, nada puido facerse por salvar a súa vida. Interviñeron profesionais sanitarios, Salvamento Marítimo, o servizo de Gardacostas de Galicia e a Policía Local de Arteixo.
#AXEGAInforma que foi rescatado da auga o corpo sen vida dun veciño de #Arteixo na Praia de Repibelo. Pese aos esforzos dos equipos de intervención, nada se puido facer por salvarlle a vida. Interviñeron: sanitarios, @salvamentogob, @GardacostasGal, Policía Local e #SMPCArteixo. pic.twitter.com/4EBJoFI2Q4
— 112Galicia (@112Galicia) March 28, 2021