CRTVG

Buscar

Rescatan o cadáver dun home nunha piscina municipal en Sanxenxo

Publicado o 05/04/2021 20:43
Rescatan o cadáver dun home nunha piscina municipal en Sanxenxo

Efectivos de Emerxencias recuperaron este luns o cadáver dun home nunha piscina situada no municipio de Sanxenxo, segundo indican fontes que acudiron ao momento.   

O corpo foi achado preto das 19:00 horas na zona de Dena, nunha piscina de titularidade municipal que está en desuso. A Garda Civil solicitou a presenza de efectivos de Emerxencias, entre eles de Bombeiros.   

A investigación do ocorrido está a cargo da Garda Civil, aínda que as primeiras hipóteses indican que a vítima, veciño de Fofán de 49 anos, faleceu por afundimento.

Neste momento, os axentes atópanse no lugar á espera do levantamento do cadáver.