Rescatan ilesos os tres ocupantes dunha lancha que envorcou na costa de Ortigueira
Publicado o 23/11/2020 19:46

O 112 Galicia informou este luns do rescate de tres persoas, que saíron ilesas, despois de que a lancha en que navegaban envorcara a uns 300 metros da costa en Ortigueira (A Coruña).
O departamento público recibiu unha alerta dos feitos a través da chamada dun dos membros da tripulación, arredor das 15:45 horas. Segundo o servizo autonómico, as tres persoas estaban encima da embarcación e en bo estado.
Ante este suceso, advertiuse a Gardacostas de Galicia e Salvamento Marítimo, que mobilizou a embarcación Salvamar Shaula para recuperar os ocupantes e remolcar a lancha ata o porto de Cariño (A Coruña).
Ademais, comunicouse o ocorrido a Garda Civil, Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Ortigueira, Protección Civil e Policía Local.