CRTVG

Buscar

Rescatan en Sarria un meno de dous anos que quedara pechado dentro dun coche

Publicado o 01/03/2021 13:38

Un neno de dous anos quedou pechado no interior dun turismo en Sarria. Ocorreu na Gran Vía, no momento en que o pai se encontraba fóra do coche para coller a cadeira do meniño no maleteiro. O menor pechou as portas por dentro de forma accidental, sen posibilidade de apertura dende fóra. Foi entón cando os proxenitores tiveron que dar aviso aos servizos de emerxencias, que se presentaron no lugar e escacharon unha xanela do vehículo para poder rescatar o pequeno.

"Dixeron que quedara un neno dentro, atrapado, e que o coche se lle trabara só. E romperon un cristal e quitaron o pequeno", comentan varios veciños.

Finalmente todo quedou nun susto, que seguro que os pais non esquecerán, e o meniño quedou liberado san e salvo.

Noticias web

01/03/2021