CRTVG

Buscar

Rescatan en Murcia unha muller pechada no armario tras ser golpeada polo seu home

Publicado o 08/01/2019 20:07

Asi atoparon os axentes a muller agredida, agochada nun armario, tapada con varias mantas e coa porta pechada por fóra.

Miguel Ángel López, voceiro da Policía Local: "Ao sacala observan que ten mazaduras, que ten rabuñadas e marcas vermellas, que estaban feitas recentemente".

A policía acudiu ao domicilio tras recibir varias chamadas dos veciños, alarmados porque na vivenda da parella había unha forte discusión. Cando chegaron, o home admitiu a liorta, pero non os deixou entrar alegando que a muller marchara da casa. Foi o fillo do matrimonio, de só seis anos, quen lles contou aos axentes que o seu pai lle pegara á nai e que ela se desmaiou, e que despois o pai lle botou auga na cara para espertala. Ao rexistrar a vivenda atoparon a muller agredida dentro do armario onde, segundo precisou a propia policía, a agochou o agresor. A vítima contoulles aos axentes que o seu home non tiña nada que ver coas súas feridas.

Miguel Ángel López, voceiro da Policía Local: "Non o recoñece en ningun momento, de feito, é asistida polas compañeiras do equipo de Protección e Atención á Familia desta Policía Local, á que se lle ofrecen unha serie de posiblidades polo tema da violencia de xénero e ela non quere ningún tipo de asistencia".

O agresor está detido e a muller e o fillo da parella foron atendidos polo equipo de Protección á Famila.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2019