CRTVG

Buscar

Rescatan en Melilla un inmigrante de 29 anos oculto no salpicadeiro dun coche

Publicado o 31/12/2019 09:48

Rescatan en Melilla un inmigrante de 29 anos oculto no salpicadeiro dun coche. Os axentes da Garda Civil atopárono cando pararon o vehículo na fronteira entre Melilla e Marrocos. Ante o nerviosismo do condutor, inspeccionaron o coche e descubriron o inmigrante atrapado nun dobre fondo do salpicadeiro. Tras 12 minutos de rescate, lograron sacalo e levárono ao Centro de Estadía Temporal de Inmigrantes. O condutor foi detido por suposto tráfico de persoas.

Noticias web

31/12/2019