CRTVG

Buscar

Rescatan os dous tripulantes dun pesqueiro afundido fronte a Cedeira

Publicado o 18/05/2020 10:57
Rescatan os dous tripulantes dun pesqueiro afundido fronte a Cedeira

Os dous tripulantes do pesqueiro Playa de Sacido, afundido esta mañá fronte á costa de Cedeira, están ben, segundo fontes de Salamento Marítimo.

Ás 8:37 desta mañá enviaron unha alerta desde o pesqueiro, que se afundiu en dez minutos. O Centro de Salvamento Marítimo de Fisterra coordinou o rescate, que realizou outro barco que pescaba na zona, o Nuevo Cedeira.

Os dous mariñeiros foron trasladados en bo estado ao porto de Cedeira.