CRTVG

Buscar

Rescatan dous tripulantes dun barco galego afundido fronte ás costas de Asturias

Publicado o 01/07/2019 13:20
Rescatan dous tripulantes dun barco galego afundido fronte ás costas de Asturias

Os dous tripulantes dun pesqueiro galego que esa mañá afundiu a dez millas ao noroeste da ría de Navia foron rescatados con síntomas de hipotermia por outra embarcación.

O centro de Xixón de Salvamento Marítimo recibiu pouco despois das 08:00 a alrta da radiobaliza do barco afundido, o "Daniel e Manuel", con base no porto de Burela.

Os dous únicos tripulantes foron rescatados media hroa despois cando xa estaban nunha balsa salvavidas por outra embarcación, a "Río Xunco", tamén con base en Burela.

Ambos tripulantes foron recollidos pouco despois polo helicóptero "Helimer 222", que os evacuou ao porto do Musel, e desde alí foron trasladados en ambulancia ao hospital de Jove, en Xixón, para seren atendidos dos síntomas de hipotermia que tiñan.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí