CRTVG

Buscar

Rescatan dous menores atrapados nun pozo de 7 metros en Toledo

Publicado o 02/05/2021 12:24

E un botellón nunha casa abandonada en Toledo acaba co rescate de dous mozos de 15 anos do interior dun pozo de sete metros. Durante máis de dúas horas, os bombeiros trataron de sacar os menores que tiveron que ser traslados ao hospital por hipotermia.

Nun primeiro momento os rapaces permaneceron a flote agarrados ás pedras do pozo ata que os servizos de emerxencia lles guindaron flotadores, cos que lograron agardar ata que os bombeiros os rescataron despois de preparar un dispositivo especial para sacalos.