CRTVG

Buscar

Rescatan dez tripulantes dun cerqueiro que encallou nas rochas en Burela

Publicado o 03/06/2021 10:17

Rescatados en bo estado os dez tripulantes dun pesqueiro que encallou nas rochas en Burela. Sucedeu sobre a unha e media desta madrugada e foi o Servizo de Gardacostas de Galicia o que lle comunicaba ao 112 a súa saída. Os feitos puxéronse tamén en coñecemento da Garda Civil. 

Oito dos tripulantes foron rescatados por un pesqueiro que os trasladou ata o peirao da fábrica de xeo de Burela. Os outros dous foron rescatados polo Pesca II e conducidos ata o Hospital de Burela.

Por causas que se descoñecen, o barco quedou varado nunha zona de rochas na costa de Nois. É o cerqueiro, con base no porto de Burela, Virxe dos Milagres, de 22 metros de eslora.

Ao longo desta mañá tratarán de retiralo coincidindo coa preamar para logo trasladalo ata o peirao.

Noticias web

03/06/2021