CRTVG

Buscar

Rescatan con vida un obreiro que quedara atrapado entre os cascallos dunha casa en que traballaba en Barcelona

Publicado o 16/04/2020 16:23

En Barcelona foi rescatado con vida un obreiro que quedara atrapado entre os cascallos tralo derrubamento dunha casa na que traballaba.

Despois de cinco horas de intensos labores de desentullo, os bombeiros da Generalitat conseguiron liberar o obreiro da construción ao que se caeu enriba a fachada dunha casa onde se facían reformas.

O accidente produciuse contra as tres da tarde na localidade barcelonesa de Sant Just Desvern ao colapsar gran parte da estrutura dun edificio antigo.

Tras ser rescatado, o traballador ingresou con feridas de diversa consideración no Hospital de Bellvitge e os médicos non temen pola súa vida.

Noticias web

16/04/2020