CRTVG

Buscar

Rescatan con feridas un barranquista que caeu nos cantís de Loiba, en Ortigueira

Publicado o 18/07/2021 14:43

Os equipos de Emerxencias tamen tiveron que mobilizarse este mediodía nos cantís de Loiba, no concello de Ortigueira.

Un home que practicaba barrranquismo nos acantilados que están preto do miradoiro do banco caeu ás rochas despois de que lle rompera a corda coa que se suxeitaba. Caeu nunha zona de acceso difícil, e os servizos de emerxencias de Ortigueira e do Eume que se desprazaron á zona non podían rescatalo.

Mobilizáronse embarcacións e o helicóptero Pesca 2, que finalmente conseguiu trasladalo a un centro sanitario para atendelo das súas feridas. O ferido ía consciente no momento do traslado.

Noticias web

18/07/2021