Rescatan catro menores tras máis de dúas horas á valga nun hidropedal en Sanxenxo
Publicado o 21/08/2021 15:17
E bo susto o que levaron catro mozos a pasada tarde nunha praia de Pontevedra. Alugaron un hidropedal en Areas, afastáronse da beira e non eran capaces de regresar á praia, xa que a corrente os levaba mar a dentro.
Cando os localizou a Garda Civil levaban dúas horas á valga. Os mozos quedaran amais sen batería nos seus teléfonos móbiles e non tiñan como comunicarse para pedir axuda.