CRTVG

Buscar

Rescatan a obra da escritora vítima de extorsión á que lle roubaran o ordenador en Poio

Publicado o 13/02/2020 14:20

A Garda Civil detivo unha moza de 18 anos cando pretendía cobrar a recompensa que ofrecera unha escritora por recuperar o ordenador que lle subtraeran.

O roubo tivera lugar na praia de Lourido, en Poio. Á escritora leváranlle un bolso co ordenador, onde almacenaba arquivos relacionados cun libro que tiña previsto publicar en breve. Preocupada pola perda, a muller decidiu ofrecer unha recompensa.

A ladroa enseguida contactou con ela para devolverlle os arquivos, a cambio dos cartos, e foi entón cando se puxo en marcha un amplo operativo para detela. Quedaron nun establecemento comercial e, no momento en que ía entregarlle un lapis de memoria á escritora, foi arrestada pola Garda Civil.

Noticias web

13/02/2020