CRTVG

Buscar

Rescatan a golpe de martelo un can que quedara atrapado entre dous muros en Cee

Publicado o 19/04/2019 19:39
Rescatan a golpe de martelo un can que quedara atrapado entre dous muros en Cee

O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (Speis) do Concello coruñés de Cee rescatou este venres un can que quedara atrapado entre dous muros, para o que tiveron que realizar un oco na parede cun martelo. Segundo informou o Speis de Cee, foi o 112 Galicia quen os alertou, a petición da Policía Local, de que era necesaria a súa intervención para poder sacar o can de alí, que quedara atrapado entre dous muros dunha medianeira no lugar de Pontella en Brens. Así, os efectivos que se desprazaron até o lugar tiveron que utilizar un martelo e un cincel para podelo liberar, obxectivo que conseguiron ao redor das 13:30 horas deste venres, pouco máis de media hora despois de recibiren a chamada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/04/2019