CRTVG

Buscar

Rescatan a dúas xemelgas de 10 anos que vivían nun garaxe e sen escolarizar nunha localidade próxima a Lisboa

Publicado o 23/08/2019 11:02

En Lisboa, a Policía atopou dúas xemelgas que levaban anos vivindo nun garaxe e sen escolarizar grazas a unha denuncia anónima.
As cativas de 10 anos de idade vivían en condicións insalubres, entre moreas de lixo, na localidade de Amadora, e non saben ler nin escribir. Ambas as dúas presentaban secuelas psicolóxicas debido ao encerro e á violenta relación dos seus pais. As nenas atópanse agora nunha casa de acollida á espera do que decida facer con elas a fiscalía, e os proxenitores serán xulgados por malos tratos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019