Rescatan dúas persoas en apuros na praia de Foxos, en Sanxenxo
Publicado o 08/06/2019 21:32
Persoal do 112 Galicia colaborou con Salvamento Marítimo no rescate de dúas persoas en apuros na praia de Foxos, en Sanxenxo.
Unha das persoas puido chegar á beira pero a outra quedou nunhas rochas de difícil acceso, polo que foi precisa a intervención dun equipo de Gardacostas de Galicia e do helicóptero Pesca I.