CRTVG

Buscar

Rescatan 30 tripulantes, 5 galegos, dun pesqueiro incendiado en Angola

Publicado o 19/10/2020 16:54
Rescatan 30 tripulantes, 5 galegos, dun pesqueiro incendiado en Angola

Os trinta tripulantes, cinco deles galegos, do pesqueiro Fígaro foron rescatados fronte á costa de Angola tras sufrir a nave un incendio, segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo, que coordinou o operativo desde o seu centro en Madrid.

O pesqueiro con base nun porto guipuscoano atopábase a unhas 21 millas ao norte de Lobito (Angola). A bordo ían, ademais dos cinco tripulantes galegos, dezaseis angolanos, cinco senegaleses, tres peruanos e un ghanés.

Tras contactar coas autoridades de Angola, o centro de coordinación de Salvamento Marítimo emitiu alertas de socorro por onda curta e por satélite, que mobilizaron barcos na zona.

Todos os tripulantes foron recollidos sans e salvos en catro balsas salvavidas por un remolcador e van ser desembarcados no porto de Lobito.

O pesqueiro non se afundiu, pero está á valga e segue saíndo fume do interior da nave. O armador farase cargo do mesmo.