CRTVG

Buscar

Rescatan 14 sendeiristas que se extraviaran preto do río Verdugo, en Ponte Caldelas

Publicado o 15/11/2020 11:35

• Son tres familias de Pontevedra

Rescatan 14 sendeiristas que se extraviaran preto do río Verdugo, en Ponte Caldelas

A Garda Civil rescatou este sábado en Ponte Caldelas catorce persoas que se perderan practicando sendeirismo nos arredores do río Verdugo. Seis delas eran menores de idade.

Despois de recibiren unha chamada de auxilio, as patrullas do Seprona de Cangas e de Seguridade Cidadá da Compañía de Pontevedra desprazáronse ata o lugar para realizar os labores de localización e rescate.

Despois de dúas horas, as persoas foron atopadas en bo estado, malia sufriren algunha caída leve. Ao parecer, eran varias familias de Pontevedra que coincidiran realizando un roteiro.