Rescatados os corpos de dous bañistas que desapareceran no Cabo de Gata
Publicado o 22/06/2021 08:21

Rescatan no Cabo de Gata, en Almería, os corpos de dous bañistas que desapareceran onte no mar. Son un home de 36 anos e unha muller de 30. O dispositivo de busca activouse despois de que unha testemuña alertara de que a parella estaba bañándose e tiña dificutlades para sair da auga. Varias persoas intentaron auxilialos pero non puideron porque quedaran atrapados nunha zona de rochas. Alí foi onde os rescatadores de Salvamento Marítimo desde o helicóptero recuperaron os corpos sen vida.