Rescatados máis de cen inmigrantes de dúas embarcacións no estreito de Xibraltar
Publicado o 05/05/2019 19:11
Salvamento Marítimo rescatou 109 inmigrantes de orixe magrebí que viaxaban a bordo de dúas embarcacións precarias polo Estreito con rumbo á costa española e trasladounos ao porto de Alxeciras, onde se activou o dispositivo de atención sociosanitaria.
A Salvamar Arcturus recolleu 34 homes e unha muller dunha das barcas, mentres que a Guardamar Concepción Arenal rescatou os 65 homes, seis mullres e tres menores que se atopaban na outra.
Máis sobre actualidade
18/01/2021 09:42