CRTVG

Buscar

Un mariñeiro faleceu esta mañá tras caer dun pesqueiro entre as illas Ons e Sálvora

Publicado o 09/02/2020 14:32

O patrón do barco tirouse á auga para axudalo. O helicóptero Pesca I rescatounos os dous tras recibir o aviso dun terceiro mariñeiro que quedou a bordo do Tucán 2.  Axiña foron trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro. Pero o tripulante de 51 anos morreu. O patrón quedou ingresado por hipotermia. O barco foi trasladado a terra polo mariñeiro que quedou a salvo, coa axuda doutras embarcacións.  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí