Rescatados 91 inmigrantes ao sur de Gran Canaria
Publicado o 04/05/2021 08:08

Salvamento Marítimo rescatou este luns 91 inmigrantes subsaharianos, entre eles seis nenos e 31 mulleres, unha delas embarazada, ao sur de Gran Canaria. Viaxaban nunha patera e nun caiuco.
Todos foron trasladados ao porto de Arguineguin. As imaxes corresponden á chegada a porto dos 42 ocupantes do caiuco, rescatados pola Guardamar Talía a 55 quilómetros ao sureste de Gran Canaria. Dúas mulleres e un menor tiveorn que ser trasladados ao hospital.