CRTVG

Buscar

Rescatados 500 menores polas treboadas en Asturias e Castela e León

Publicado o 23/07/2019 20:14

• En Galicia desactivouse o aviso por pedrazo

Vinte e oito ovellas mortas pola caída dun raio en Toledo

14 comunidades autónomas están en aviso vermello, laranxa ou amarelo por treboadas e altas temperaturas, que chegaron a superar os 40 graos en boa parte da península. En Asturias e Castela e León tiveron que ser rescatados cincocentos menores de campamentos polas treboadas.

Case toda a metade norte peninsular está en aviso amarelo, laranxa ou vermello por treboadas e altas temperaturas. Os avisos chegan ata Asturias ou Bilbao, onde xa superaron os 40 graos, polo menos nos termómetros que están na rúa. As máximas pasaron de 42 graos na zona sur de Aragón, onde había aviso vermello por alto risco. Nestas condicións, é mellor non saír á rúa se non é preciso.

En Castela e León houbo que rescatar en Ávila 50 menores dunha actividade en que participaban como boy scouts. O operativo rematou pasadas as 12 da noite. En Asturias, a Garda Civil tivo que acudir na canle de Culiembro para sacar de alí 23 rapaces que estaban nunha actividade semellante. E ás 6 e media da mañá tamén houbo que rescatar 32 menores en Ávila polas treboadas. O mesmo ocorreu en León.

En total foron 500 os menores que se viron en problemas por culpa da meteoroloxía extrema que está habendo estes días, sobre todo temperaturas altas, por riba dos 40 graos, e treboadas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/07/2019