CRTVG

Buscar

Rescatado un varón de 70 anos que caeu ao mar mentres collía percebes en Panxón

Publicado o 18/10/2020 20:23

Rescate este mediodía na zona rochosa da ribeira en Monteferro, en Panxón. Varios persoas avisaban ao 112 dun home, familiar seu, que caera ao mar mentres collía percebes e que se atopaba nunha zona de difícil acceso. Ao lugar, trasladábase o helicóptero Pesca 1, que rescataba ao varón, duns 70 anos, e trasladábao a terra. Desde alí foi levado en ambulancia ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Noticias web

18/10/2020