CRTVG

Buscar

Rescatado un pescador que se precipitou nunha zona de rochas na Coruña

Publicado o 24/06/2019 09:45
Rescatado un pescador que se precipitou nunha zona de rochas na Coruña

Un pescador necesitou a axuda dos servizos de emerxencia ao precipitarse nunhas rochas na zona do peirao pesqueiro de Oza, na Coruña, na madrugada deste luns.

Segundo informou o 112 Galicia, poucos minutos antes das 3,00 horas deste luns recibiu a chamada da Autoridade Portuaria da Coruña solicitando axuda para rescatar un pescador que se precipitou nunha zona de difícil acceso. Por iso, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxéronse os feitos en coñecemento do 061, da Policía Local e tamén dos bombeiros da Coruña.

ferido foi trasladado a un centro hospitalario despois de ser rescatado coa axuda dunha padiola.

Noticias web

24/06/2019