CRTVG

Buscar

Rescatado un pescador que caeu á auga no porto da Guarda

Publicado o 11/09/2019 10:17

 

 

Rescatado un pescador que caeu á auga no porto da Guarda

Unha embarcación particular rescatou un home que caeu á auga mentres pescaba no porto da Guarda. O 112 Galicia foi alertado da caída ao mar dun home, que non podía saír a causa da forte ondada.

Ata o lugar desprazouse o helicóptero Pesca 1 do servizo de Gardacostas, aínda que, finalmente, non foi necesaria a súa intervención porque unha embarcación particular que se atopaba na zona rescatou o pescador. Tras o rescate, unha ambulancia do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia 061 desprazouse ata o porto e trasladou o pescador ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí