CRTVG

Buscar

Rescatadas seis persoas dunha pista forestal de Ortigueira

Publicado o 19/04/2019 10:21
Rescatadas seis persoas dunha pista forestal de Ortigueira

Os servizos de emerxencia rescataron esta noite a un grupo de seis persoas, catro adultos e dous nenos, que se perderon nunha pista forestal cando buscaban unha casa rural na parroquia de San Salvador de Couzadoiro en Ortigueira, A Coruña

O coche no que ía unha das familias mandou un aviso de que se perderan seguindo as indicacións do GPS e non podían continuar tras verse atrapados nun río e nun treito de costa esvaradizo. Tras facilitar a ubicación os servizos de emerxencia alertaron á Garda Civil, a Tráfico, o GES de Ortigueira e a Protección Civil

Pasada a unha da madrugada a Garda Civil localizou os dous vehículos nos que estaban as seis persoas en bo estado malia o susto

Un dos coches puido ser liberado para que os viaxeiros continuaran a marcha e o outro foi retirado máis tarde. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí