CRTVG

Buscar

Rescatadas dúas menores atrapadas nas rochas dunha praia de Sanxenxo

Publicado o 19/04/2019 19:57
Rescatadas dúas menores atrapadas nas rochas dunha praia de Sanxenxo

Os servizos de emerxencia rescataron esta tarde a dúas menores de idade que quedaron atrapadas nunha zona acantilada na praia da Pragueira, en Sanxenxo. As dúas menores de idade atopábanse pasando a tarde na praia e foron sorprendidas pola suba do nivel de auga na zona na que estaban, o que impedía que puidesen abandonar o lugar. Foi unha persoa particular a que deu o aviso ao centro de emerxencias do 112 Galicia e de inmediato se puxo en marcha un dispositivo de emerxencias. Este contou coa colaboración do servizo de Gardacostas de Galicia, dos efectivos de Salvamento Marítimo, da Garda Civil de Pontevedra, a Policía Local e os membros do GES e do Servizo de Emerxencias da localidade. Tamén se avisou ao 061, Urxencias Sanitarias, por se fose necesaria a súa intervención. As menores puideron ser rescatadas polos servizos de emerxencia e ser trasladadas por unha embarcación ao porto de Portonovo en bo estado de saúde.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/04/2019