Rescatadas dúas barcas con 73 migrantes en Gran Canaria
Publicado o 18/10/2021 08:23

Salvamento Marítimo rescatou este domingo dúas barcas preto de Gran Canaria. Nunha delas, localizada ao sur da illa, ían 28 persoas a bordo, todos varóns. Foron desembarcados no porto de Arguineguín. Un dos homes precisou asistencia sanitaria por un traumatismo nunha perna. Unhas horas antes localizouse a cen metros da praia de Anfi del Mar outra embarcación con 44 persoas e un falecido.